Comprácenos comunicarvos que xa está dispoñible o calendario 2023 do G.N.Hábitat, que xorde como resultado das obras participantes na X convocatoria do Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, bautizada baixo o subtítulo de “As beiras do encoro”.
Dende Hábitat, comprometidos coa divulgación ambiental, queremos facer novamente que esta publicación sexa accesible a todo aquel que a queira ter, podendo gozar das ilustracións e textos que a compoñen, polo que poñemos a disposición de todos os interesados a posibilidade da súa descarga gratuita (formato .pdf) dende a seguinte ligazón:
O debuxo como ferramenta para a implicación cidadá no contacto coasúa contorna natural. Esta é a finalidade principal do Certame de Debuxo da Natureza, que un ano máis vimos de organizar dende o Grupo Naturalista Hábitat da man de Emalcsa.
Moitas grazas a todos os participantes!
Promove: Colabora:



Leave A Comment