Este domingo, 11 de setembro do 2022, de 10:30 a 14:30h e de 15:30 a 18:30h, realizaremos da man da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, un Bioblitz no Monte Xalo. Pero que é un Bioblitz? É unha forma sinxela e rápida de ver o estado ambiental dun espazo natural, recollendo o maior número de especies dunha zona nun tempo reducido. Neste caso estaremos unhas 7 horas buscando especies de fauna e flora deste espazo.

A xornada é de balde e abertas ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado.

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!