O vindeiro mércores 18 de outubro de 16:30 a 19:30h, da man da Oficina de Medio Ambiente da UDC e os compañeiros de ADEGA, levaremos a cabo un bioblitz participativo co gallo de divulgar e coñecer en detalle a flora e fauna presente no Monte da Fraga (UDC-Campus da Zapateira. A carón da facultade de Ciencias)…Pero, que é isto dun Bioblitz? Trátase dun estudo intensivo de campo que se desenvolve nun período curto de tempo, durante o cal se explora a diversidade biolóxica dunha determinada área para rexistrar o maior número de especies posible, da man de expertos. Isto faise directamente identificando algunhas das especies no campo, pero tamén fotografando todos os seres vivos (fauna e flora) e rastros detectados para a unha posterior determinación. Os BioBlitz permiten obter información sobre a biodiversidade presente no espazo estudado, chegando en certo modo a coñecer as súas características naturais.

As prazas son limitadas. Para poder participar deberás inscribirte a través do email: oma3@udc.es

Agardámosche!