O vindeiro sábado, 5 de setembro do 2020, realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Campus da Zapateira), unha mostraxe nocturna de lepidópteros para dar a coñecer a gran diversidade de este grupo de insectos e as súas características máis curiosas, organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 21:30 a 00:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
Acceso ao formulario de inscrición
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat, a través do correo electrónico achegado na inscrición.
A xornada establece un recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 3h (1c por cada 10h de participación en actividades da OMA).
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment