O Monte Xalo, área de especial interés paisaxístico segundo o Catálogo das Paisaxes de Galicia, áchase coma un espazo cheo de misterios, lendas e patrimonio, xa sexa histórico, etnográfico, cultural ou natural. Coma unha das montañas máis altas da contorna sempre foi acubillo dunha elevada riqueza faunística e botánica, ademáis de punto de referencia para as aldeas veciñas, que miraban cara o Xalo para prever a meteoroloxía (fonte de varios refráns populares). E que mellor cunha andaina para facer unha descuberta deste espazo natural!
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o venres, 1 de maio do 2026, ás 10:30h. Ao longo da mañá procuraremos facer un percorrido de intensidade moderada por pistas de terra/pedra duns 4km, que iremos adaptando segundo as necesidades do grupo e os avance da actividade. Tódalas idades son benvidas, mais recoméndase aos interesados ter presente as circunstancias do espazo a visitar, avaliando cadaquén as súas capacidades.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment