O coñecemento do medio mariño é fundamental para fomentar o respecto e a conservación dos nosos océanos desde idades temperás. A través desta actividade divulgativa, achegarémonos á riqueza e diversidade dos organismos que habitan os nosos mares, descubrindo as súas características e o papel que desempeñan nos ecosistemas mariños.
A xornada, que terá lugar o luns 16 de marzo ás 9:15 h na praia da Delicias (Sada) contará coa participación do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Sada y sus Contornos, que durante o presente curso escolar está a desenvolver o proxecto MareSada, centrado na temática mariña. Esta actividade contribuirá a reforzar os contidos traballados na aula, promovendo a sensibilización ambiental e o coñecemento do litoral.
Esta acción forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia.

Leave A Comment