Dada a recente aparición nas nosas praias dunha nova marea branca de plásticos, queremos realizar varias accións de retiradas destes e outros tipos de plásticos nas nosas praias dentro da nosa iniciativa “Hábitat sen lixo”.
O sábado, 13 de xaneiro do 2024, de 10:30 a 13:30h estaremos na praia de San Amaro en A Coruña e na praia e Lagoa de Baldaio en Carballo.
E o domingo, 14 de xaneiro, de 11:30 a 14h estaremos na praia de Mera en Oleiros e cos compañeiros da ACD Cormoráns e a Unión Deportiva Ourense nas praias de Rebordelo e San Pedro en Cabana de Bergantiños.
As xornadas, de balde e abertas ao público. Para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Xuntos/as podemos facer que a problemática dos plásticos no noso medio natural sexa cada vez menor!!

Leave A Comment