O Grupo Naturalista Hábitat mostra a súa preocupación acerca da chegada de centos de miles de pequenos grans de plástico (“pellets” ou “bágoas de serea”) ás costas galegas e doutras comunidades do Cantábrico.

A orixe destes elementos contaminantes está na perda de seis contedores do navío de bandeira liberiana “Toconao” o pasado 8 de decembro á altura de Viana do Castelo (Portugal). Un dos contedores estaba cargado de centos de bolsas (duns 25 kg cada unha) cheas de pellets de 3 a 5 mm de diámetro para a fabricación de plásticos resistentes á radiación ultravioleta, e que as correntes mariñas foron arrastrando cara ao norte.

As primeiras bolsas, moitas xa rotas, e pellets soltos chegaron a praias das Rías Baixas arredor do 13 de decembro. Desde entón e ata o día de hoxe, praias de case todo o litoral galego, desde A Guarda a Ortigueira (e en especial os concellos de Ribeira, Porto do Son, Noia e Muros), están afectados por esta “marea branca” de plásticos. Estes materiais sintéticos son moi perigosos para o medio natural, unha vez que acumulan toxinas ao seu arredor e, polo seu parecido a ovos de peixe, son inxeridos por diferentes vertebrados mariños, podendo causarlles a morte por intoxicación. Ademais, debido ás súas características, tardarán centos de anos en se descompoñer, liberando neste procesos outros microplásticos tamén perigosos.

Colabora!

Diferentes asociacións (Noia Limpa, ADEGA e a FEG -á cal pertence o Grupo Naturalista Hábitat-), están desde hai tres semanas coordinando as limpezas desta “marea branca”. Ademais se están a habilitado recursos en liña para situar praias afectadas polas bágoas de serea e para informar a eventuais persoas colaboradores. Resumimos estes recursos:

Estade atentos/as que estamos preparando accións de recollida de residuos. En breves, comunicaremos os puntos onde estaremos.

Cadro-resumo sobre a “marea branca” feita pola Federación Ecoloxista Galega: