Mañá venres, 18 de agosto, desenvolveremos unha nova xornada no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural, con diversos colectivos.
Desta volta xuntarémonos cos usuari@s do programa Familias e Infancia (iniciativa dos compañeiros da Fundación Juan Soñador dirixida ao traballo coa infancia, adolescencia e familias en risco de exclusión social). Xuntos levaremos a cabo un obradoiro para o coñecemento da fauna silvestre, así como das técnicas para o seu estudo e conservación.
De seguro que o pasaremos ben!

Leave A Comment