Seguimos cos nosos Encontros Naturalistas cunha visita nocturna ao Monte Xalo para descubrir e desfrutar das avelaíñas este sábado, 12 de agosto do 2023, de 22h a 01h.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Achégate connosco!