Este venres, 11 de agosto do 2023, de 21:30 a 01:00h estaremos xunto coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo para unha actividade sobre Avelaíñas dentro do entorno da Costa de Dexo. Descubriremos xuntos/as estes polinizadores tan descoñecidos pola meirande parte da poboación.
Hai poucas prazas dispoñibles!! A actividade é de balde e é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en avv.sananton@gmail.com│677463493
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment