Como xa é época das bolboretas queremos invitarvos a unha xornada chea delas, o sábado, 13 de maio do 2023, de 10:30 a 13:30h. Acompañaranos Saba González, Coordinadora do BMS Galicia e membro da Sociedad para la Conservación y el Estudio de las Mariposas de España (SOCEME), para amosarnos todas claves para identificar as bolboretas nunha charla na Aula de Natureza do Veral (Lugo) e logo unha saída práctica na zona onde se levará a cabo un percorrido para o estudo dos lepidópteros.

Esta xornada está dirixida a todas aquelas persoas apaixoadas das bolboretas e que queiran aportar máis o estudo, coñecemento e conservación destes marabillosos invertebrados. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Ao rematar o taller entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas prácticas recibidas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. 

Tes ata o xoves, 10 de maio do 2023, ás 18h para inscribirte!!

Este taller ten un custo de:

  • Socios/as G.N. Hábitat: 5 €
  • Non socios/as G.N.H.: 8 €

Non perdades esta oportunidade!! Anímate a descubrir o interesante mundo das bolboretas connosco!!