O G.N.Hábitat ven de asinar un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas (curriculares e extracurriculares) co alumnado desta institución. Este acordo de cooperación educativa materializouse coa recente incorporación en Hábitat dunha nova compañeira, Leticia Álvarez, a quen lle damos publicamente as grazas por elixirnos para a realización das súas prácticas externas vinculadas á Facultade de Ciencias da UDC.
Durante a súa estancia connosco, que comezou no pasado mes de xullo e se prolongará ata finais do mes de setembro do 2021, Leticia participará e axudará nas diferentes iniciativas da entidade, co obxectivo de adquirir coñecementos e competencias na xestión e desenvolvemento de actividades dirixidas á divulgación, o estudo e conservación do noso Patrimonio Natural.
Benvida compañeira! Agardamos que desfrutes desta etapa connosco



Leave A Comment