Xa estamos listos para unha acción de “Hábitat sen lixo” en Mesoiro e San Vicente de Elviña este mércores, 11 de agosto do 2021, de 16:30 a 19:30h. Faremos unha pequena ruta recollendo os residuos para deixar o espazo un pouco mellor e concienciar da problemática dos residuos.
A xornada é de balde e aberta ao público e, así e todo, para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment