A principios de 2020 o Grupo Naturalista Hábitat iniciou un novo proxecto: a Inspección de Praias da Coruña (IPC). A iniciativa pretende continuar co espírito e obxectivos do xa finalizado proxecto FAME (Future of the Atlantic Marine Environment), compilando información relativa a lixos mariños, contaminación e aves mariñas abeiradas para avaliar o estado de saúde dos nosos mares.

Nesta ocasión aproveitaremos para presentar novamente o proxecto, e promover a participación na campaña 2021 nesta iniciativa de ciencia cidadá. E farémolo da man da compañeira Atocha Ramos Martínez, bióloga e doutoranda da Universidade da Coruña (Departamento de Química Analítica Aplicada), onde investiga sobre a interacción das aves mariñas coa contaminación. Explicaremos os detalles do proxecto, o traballo feito ata o de agora, e o máis importante: como colaborar con esta iniciativa!

Poderás atopar máis información sobre o IPC accedendo ao seguinte apartado da nosa web

 

A emisión da charla será en directo, o mércores 30 de xuño ás 20:30h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a intervención un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo á relatora.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!