Aquí tedes aos gañadores do VIII Certame de Debuxo da Natureza…NORABOA A TODOS!

2ª CATEGORÍA (14 anos ou máis)

Os tres primeiros postos no certame recaeron sobre:

Seguindo o especificado nas bases reguladoras, e tendo en conta que un mesmo autor soamente pode ser galardoado cun premio nalgunha das súas obras, a selección das obras gañadoras quedou como indica as imaxes que acompañan este articulo.

Na seguinte figura móstranse as restantes obras que acompañan aos tres primeiros premios como “gañadores na súa especie” na categoría de maiores de 14 anos. Obras que representan ás especies: Anax ephipiger, Aythya fuligula, Hirundo rustica, Lampetra fluviatilis, Lycoperdon perlatum, Medicago polymorpha, Nyctalus leisleri, Papaver rhoeas, Taraxacum officinale, Upupa epops e Vanellus vanellus.

Así mesmo, por ausencia de participantes queda deserto o premio na especie Marchantia polymorpha. Ademáis o xurado optou por deixar deserto o premio na especie Polypodium vulgare.

1ª CATEGORÍA (menores de 14 anos)

Velaquí os “gañadores na súa especie” na categoría menores de 14 anos. Nesta categoría as especies que obtiveron obras galardoadas son as seguintes: Acherontia atropos, Anax ephipiger,  Aythya fuligula, Hirundo rustica, Lampetra fluviatilis, Lycoperdon perlatum, Marchantia polymorpha, Medicago polymorpha, Nyctalus leisleri, Papaver rhoeas, Polypodium vulgare, Streptopelia turtur, Taraxacum officinale, Ulex europaeus, Upupa epops e Vanellus vanellus.

Na seguinte figura móstranse as 16 obras agraciadas:

MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!

NOTA: Este ano, e debido as restriccións vixentes, non será posible levar a cabo o tradicional acto de entrega de premios. A organización contactará á maior brevidade posible cos gañadores das respectivas categorías para informálos persoalmente.


Promove:                                       Colabora: