Pechamos os Encontros Naturalistas deste 2020 cunha charla sobre un tema de actualidade nestas datas: os lobos mariños. 

E por que están de actualidade? Pois porque é entre decembro e febreiro cando se produce a maioría das chegada de lobos mariños cincentos ás nosas costas. Adoitan ser cachorros das colonias do norte de Europa, sobre todo das illas Británicas, con poucas semanas de vida. Son moi inexpertos e o cansanzo que traen fai que baixen ás praias a descansar ou pasar a noite. 

Para afondar nesta cuestión contaremos con Alfredo López, doutor en bioloxía mariña e investigador auxiliar na Universidade Aveiro-CESAM. É membro e fundador da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), entidade que leva a cabo iniciativas para o estudo e divulgación das tartarugas e mamíferos mariños de Galicia.

A emisión será en directo, o martes 22 de decembro ás 20.30 h. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!