Un ano máis, xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat volvemos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recoller o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
Dende o ano 2017, participamos no European Stag Beetle Monitoring Network, proxecto de ámbito internacional, no que baixo un protocolo científico definido realizamos recorridos rexistrando resultados e observacións co gallo de poder aportar o noso gran de area a un proxecto de seguimento a nivel europeo. No G.N.Hábitat temos activos catro recorridos e este será o cuarto ano de traballo.
O vindeiro xoves, 4 de xuño, ás 20.30h lanzaremos a Campaña 2020, e nesta ocasión farémolo a través dunha conferencia en directo a través das nosas canles de Facebook e Youtube. Rematada a conferencia poderás facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo aos relatores.
Contaremos coa presencia dos compañeiros:
Marcos Méndez Iglesias:
Biólogo pola Universidade de Oviedo, actualmente é profesor titular de universidade na Área de Biodiversidade e Conservación da Universidade Rey Juan Carlos (Madrid). Investiga distintos aspectos da bioloxía evolutiva das plantas, mais leva 20 anos interesado e traballando na ecoloxía e conservación da vacaloura e outros escaravellos da madeira morta.
Estefanía Calderón:
Licenciada en bioloxía pola Universidade de A Coruña. Vogal da Xunta Directiva do G.N. Hábitat e colaboradora no Grupo de Traballo Vacaloura.
Presentado por:
Jorge Ángel Ramos Abuín:
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago, relator en diferentes Xornadas e Congresos Ibéricos de Entomología, ademais do Congreso Internacional de Coleopteroloxía celebrado en Barcelona en 1989. Autor de diversos artigos entomolóxicos, da súa labor investigadora recente destaca o proxecto Transgalaica, a súa intervención no descubrimento da larva de Cychrus spinicollis e a redescripción da larva de Eucarabus deyrollei.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Toda a información sobre a especie e a iniciativa seguides téndoa dispoñible na sección da especie Lucanus cervus, Vacaloura.
Aínda que poden verse de día, a meirande parte da súa actividade é maior ao solpor e á noite.
Como ocorre en moitos escaravellos, os adultos non son moi lonxevos: viven entre quince días e un mes. Pódense observar de xuño a setembro, tendo o seu pico de actividade en xullo.
Animádevos a transmitir as vosas observacións!!
Colabora


Leave A Comment