Comprácenos anunciar a celebración das IV Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Micolóxica Coruñesa, e que contan coa colaboración do G.N.Hábitat. Unha proposta que permitirá achegar o abraiante mundo dos cogomelos a toda a cidadanía, da man dos expertos da AMC. Conferencias, excursións, degustacións e exposicións micolóxicas terán cabida nesta ambiciosa iniciativa, que se celebrará na Coruña entre os días 9 e 17 de novembro.
Estrutura e participación nas IV Xornadas Micolóxicas
- Sábado 9 de novembro
Excursión micolóxica guiada. Para a asistencia a esta actividade xestionada pola Asociación Micolóxica Coruñesa é necesaria a inscrición previa no Facebook da AMC (para rexistrarse fai clic en “enviar correo” e agarda polo formulario). Os/As participantes desprazaránse en coche propio. É preciso indicar se se dispón de coche e, no seu caso, se se está disposto a compartir o desprazamento con persoas que non o teñan (zona de Sobrado dos Monxes). Existe a opción de xantar un cocido nun conocido restaurante da zona. Para iso, é necesario confirmar esta opción antes do día 6 de novembro. O prezo do menú é de 18 € con viño da casa.
Prezo: 5€ non soci@s / 3€ menores de 15 anos / De balde para os soci@s da AMC e do G.N.Hábitat (debendo igualmente comunicar o nome, apelidos e DNI para a asistencia).
- Luns 11 de novembro
Luns micolóxico. Ás 20:30h na Cafetería Roma 1.
- Martes 12, mércores 13 e xoves 14 de novembro
Xornadas de conferencias no local social do G.N.Hábitat, da man de expertos da AMC.
– Martes 12, ás 21h: “ Cogumelos de dunas” – Dna. Cristina García-Echave Puente.
– Mércores 13, ás 21h: “Cogumelos de bosques de ribeira” – D. José M. Traba Velay.
– Xoves 14, ás 21h: “O mundo fungi” – D. Fernando Ramos García.
Para participar en calquera destas tres conferencias é imprescindible a inscrición previa (reserva de praza) a través do seguinte formulario habilitado:
- Sábado 16 e venres 17 de novembro
Roteiro de tapas micolóxicas nos bares: Jazz Cafe, Pepa Loba, Bar-cafetería Par 28, Caseritos. Burguer-Bar, Bar Los Ángeles, Taberna d’al Lado, Bar A Chencha, Cafe bar T-59, Sushi-bar Chirashizushi, Taberna Bikiño, Restaurante La Sartén e Restaurante Miga.
*Bares e restaurantes localizados nos barrios de Montealto e As Atochas (A Coruña).
- Domingo 17 de novembro
Exposición de cogomelos no Campo da Leña, de 11:30 a 17h.
Deixámosvos para libre descarga o cartel co programa das xornadas:
Achégate ao apaixonante mundo dos cogomelos!

Leave A Comment