Un ano máis comprácenos anunciar a celebración da que será a VI xornada baixo a iniciativa Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que neste 2019 centra a súa atención nun singular molusco bivalvo, a Náiade de río (Margaritifera margaritifera), presente nalgúns dos nosos ríos, co obxectivo de achegar á cidadanía o coñecemento e posta en valor desta especie, escollida Especie do Ano 2019 nesta Reserva.

Deste xeito, convidámosvos agora a participar na “Xornada sobre a Náiade de río en Galicia”, que terá lugar o vindeiro sábado, 26 de outubro do 2019, de 10 a 14 horas, na Aula da Natureza Juan Lembeye (C/Paseo da Ría do Burgo. 15670, Culleredo. Ver mapa de localización).

Nesta xornada non soamente teremos ocasión de coñecer polo miúdo a Náiade , protagonista neste 2019, senón tamén as súas interaccións con outras especies necesarias para a súa supervivencia, así como diversos e interesantes estudos e programas levados a cabo para a súa conservación.

A participación na xornada é de balde e aberta ao público, sendo as prazas abondosas aínda que limitadas (capacidade das instalacións), polo que se prega formalizar a inscrición previa a través do seguinte formulario online:

 

Dentro da iniciativa “Especie do Ano”, en marcha dende o pasado 2014, desenvólvense en cada campaña diversas accións, tales como a elaboración dun tríptico informativo sobre a especie elixida ou a celebración dunha xornada de relatorios con diferentes expertos na materia.

 

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org

Agardámoste!!!