O vindeiro sábado, 14 de setembro, tes unha cita coa ornitoloxía no encoro da Fervenza! A actividade, promovida polo Concello de Vimianzo, contará cos compañeiros do G.N. Hábitat para achegar á cidadanía o coñecemento, o respecto e a importancia das aves na nosa contorna.
A xornada se desenvolverá en horario de mañá de 10:30 a 13:30h, e contará coa seguinte
PROGRAMACIÓN
- 10:30/11:15. Iniciación á ornitoloxía
Charla teórica no Centro de Interpretación do Encoro da Fervenza (O Orbellido, Baíñas). Coordenadas: 43°01’09.3″N 8°59’32.8″W (ver localización no mapa).
- 11:15/13:30. Roteiro ornitolóxico
Paseo guiado, co obxectivo da observación e identificación de aves presentes na contorna do encoro.
A asistencia é gratuita, así e todo as prazas son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa a través do formulario online habilitado polo Concello:
Acceso ao formulario de inscrición
Recomendacións:
- Leva roupa cómoda, calzado axeitado, auga e comida para a xornada (se a consideras necesaria).
- Os organizadores achegarán o material imprescindible para o correcto desenvolvemento da actividade. Así e todo, aconséllase levar caderno de campo para anotacións, prismáticos, telescopio e/ou cámara de fotos, de ter de seu.
- Infórmate da previsión meteorolóxica e toma as precaucións necesarias.
- Respecta a contorna natural e segue as instrucións dos monitores na actividade.
Máis información na web de turismo do Concello de Vimianzo.
www.vimianzo.gal/turismo – 981 716 354 – turismo@vimianzo.gal
Achégate ás aves!

Leave A Comment