O G.N.Hábitat, da man de Afundación-Obra Social ABANCA e diferentes entidades colaboradoras, continúa por terceiro ano consecutivo co programa “Traballando pola mellora do patrimonio natural”: ciclo de xornadas dirixidas á posta en valor, implicación e conservación do medio natural. A iniciativa, eminentemente práctica, é froito da aposta pola participación activa na conservación medioambiental, a través da coñecida Responsabilidade Social Corporativa.
E como segunda acción neste ano teremos o pracer de contar coa colaboración dos compañeiros da Asociación Galega de Custodia do Territorio e Casa das Insuas (Centro de Conservación e Estudo da Natureza), cos que desenvolveremos unha xornada centrada na elaboración de refuxios de fauna, ao tempo que coñeceremos de primeira man as iniciativas a prol do medio natural que se están a desenvolver a carón do Miño.

Leave A Comment