Este sábado 25 de agosto o G.N.Hábitat ten unha cita na Feira Rural de San Sadurniño, onde teremos un espazo expositivo para informar das nosas accións a todo aquel que se queira achegar, compartindo xornada con postos de artesanía e moitos outros colectivos. Así mesmo, ás 12:15 desenvolveremos tamén un pequeno obradoiro de elaboración de caixas niño dirixido aos máis cativos, onde aprenderán as características e utilidades destes refuxios para a avifauna.
Compañeiros da asociación estaremos durante toda mañá atendendo aos visitantes da feira dende o posto número 82, procurando estar cando menos até o mediodía. Así que se non tés outro plan para o sábado, achégate!
- Localización da feira: ver ubicación no mapa
- Información completa sobre a Feira Rural (actividades, exposicións, concursos e moito máis) na web do Concello de San Sadurniño
Agardámosche!

Leave A Comment