“1m2 por el campo, bosques y monte” será un encontro cidadán, durante unha semana completa, para recoller e analizar os residuos que se atopan nos nosos campos, bosques e montes. Esta é unha das actividades que integran o Proxecto Libera, desenvolvido por Ecoembes e SEO/BirdLife, e que ten como obxectivo concienciar e sensibilizar á sociedade ante un dos maiores problemas medioambientais que sofre a nosa contorna: a práctica do littering, ou abandono de residuos.
Dende o Grupo Naturalista Hábitat somos conscientes do grande impacto que xera o lixo na nosa biodiversidade, por iso queremos sumarnos a esta iniciativa invitándoche a que participes con nós nesta importante xornada de voluntariado ambiental.
Para desenvolver esta labor ambiental, o bosque de ribeira do río Barcés no concello de Abegondo (zona de especial conservación (ZEC) encoro Abegondo-Cecebre, declarado provisionalmente espazo natural de interese local (ENIL) e pertencente á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo), é un excelente enclave natural no que levar a cabo esta estupenda iniciativa.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro sábado, 16 de decembro de 10:00h a 13:00h no bosque de ribeira do río Barcés, no Concello de Abegondo (A Coruña). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Así mesmo, o Proxecto Libera e o G.N. Hábitat achegarán para o día da limpeza os materiais necesarios para o seu adecuado desenvolvemento.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org ou no 981 135 014.
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment