O vindeiro sábado día 16 de decembro ás 17h no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña) (mapa) terá lugar a Asemblea Xeral de Socios da entidade, logo da cal aproveitaremos para ter os nosos xa tradicionais Pinchos de Nadal e desexarnos un 2018 cheo de natureza.

Se es socio do G.N. Hábitat e tes pensado asistir, pregamos no lo comuniques a través do seguinte formulario online, facilitaras a organización e bo desenrolo da xornada.

Formulario Asistencia

Socio@, agardámosche!