Logo Noucho

Comprácenos anunciar un novo proxecto que bota a andar para mellorar o coñecemento e a conservación das rapinas nocturnas (mouchos, bufos, avelaionas, curuxas…) propias de Galicia: o Noucho.

Os obxectivos principais son:

  • Espertar a curiosidade por este grupo de aves na poboación xeral.
  • Mobilizar a naturalistas, observadores e amantes da natureza para afondar no estudo e conservación das rapinas nocturnas.
  • Avaliar o estado poboacional pasado e actual destas aves para poder levar a cabo as medidas de conservación axeitadas.

Para coñecer máis en detalle este proxecto e colaborar no coñecemento das nosas rapinas nocturnas, visita https://gnhabitat.org/proxecto-noucho

Anímate a colaborar! É tan sinxelo como contarnos aquela vez que viches un moucho pousado no tellado da veciña, a curuxa planeando a carón da estrada, ou sentiches a avelaiona nunha noite de verán.