Un ano máis, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), comprácese en organizar o IV CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.
Nesta nova convocatoria, que leva como título “Parellas naturais“, o G.N.Hábitat quere mostrar como a flora e fauna silvestre, dun xeito natural e baixo o paraugas da evolución, establece diversas e espectaculares relacións de parella: simbiose, depredación, parasitismo, entre outras. Ligazóns que teñen un sentido nos nosos ecosistemas e que resulta interesante coñecer e poñer en valor para entender a natureza coma un conxunto, onde todos os seus elementos están relacionados.
Coa posta en marcha desta iniciativa preténdese implicar á xente no contacto coa súa contorna, a través do debuxo da flora, fauna e xea presente no espazo natural protexido do encoro de Cecebre
A inscrición é de balde e aberta á cidadanía, non sendo preciso ter aptitudes nin coñecementos en ilustración para poder participar, tan só as ganas de gozar da natureza a través do debuxo. Haberá dúas categorías diferentes (menores e maiores de 14 anos) e premios en todas elas para as obras máis salientables. Así mesmo, de entre as obras achegadas seleccionaranse aquelas que pasarán a ilustrar o Calendario 2017 da nosa entidade.
Todos os anos achéganse centos de obras de participantes de todas as idades….Anímate, difúndeo e axúdanos a superarnos este ano!!
O prazo de peche de inscricións e entrega dos debuxos, que remataba o luns 17 de outubro de 2016, ampliase ata o luns 24 de outubro!
Descarga aquí os arquivos necesarios para a túa participación:
– Bases reguladoras
– Ficha de inscrición
– Cartel do certame
Se queres atopar máis información, imaxes e vídeos de anteriores convocatorias desta iniciativa, podes utilizar a ferramenta “buscar” da nosa web (representada co símbolo dunha lupa, mostrada na parte superior dereita da pantalla), filtrando coas palabras certame ou debuxo.
Agardamos os vosos debuxos!
NOTIFICACIÓNS:
- O plazo para a entrega dos debuxos amplíase ata o luns 24 de outubro de 2016

Leave A Comment