Aproveitando a boa previsión meteorolóxica, convidámoste a unha andaina pola contorna do río Mero. Un tempo para a conversa, o contacto coa natureza e a descuberta da diversidade biolóxica vencellada aos ecosistemas fluviais. Empregando as sendas existentes, paseamos pola ribeira deste espazo natural procurando cubrir un tramo duns 4km de distancia, de dificultade baixa, nas proximidades á Ponte de Cela (Concello de Cambre).

A actividade enmárcase dentro do programa Coawa, unha iniciativa de Emalcsa que promove o coñecemento da auga, dos ecosistemas que dependen dela e da importancia de facer un uso responsable deste recurso fundamental para a vida. 

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado, 10 de outubro do 2026, ás 10h (a xornada se estenderá aproximadamente ata ás 13h). Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!