A séptima sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará centrada no eido da odonatoloxía, na cal afondaremos no coñecemento das donceliñas e libeliñas galegas.
Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro Damián Romay, biólogo, naturalista avezado e socio activo de Hábitat, quen compaxina a súa paixón polas aves con estudos en moitas outras disciplinas, entre elas os odonatos, tendo publicado artigos científicos sobre este grupo como o que leva por título “Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica” (Romay et al, 2011. ligazón ao artigo), publicado no volume nº3 da nosa revista científica Chioglossa e do que é coautor. Así mesmo, participa activamente no foro galego de libeliñas, aportando os seus coñecementos e experiencia.
*Romay, C. D., Cordero-Rivera, A., Romeo, A., Cabana, M., Cabana, D. X. & Fernández-Martínez, M. Á. 2011. Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica. Chioglossa, 3: 21-36.

Leave A Comment