DSCN2943_1

O pasado sábado 28 de maio de 2016 celebrouse a III Maratón Ornitolóxica Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat e a Reserva da Biosfera MCeTM, xunto con multitude de entidades colaboradoras.

Esta actividade lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro de cada un dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña, durante 18 horas.

En total participaron 14 equipos noutros tantos concellos diferentes, cun total de 36 observadores. O equipo gañador foi o do concello de Sobrado dos Monxes, composto por José Barallobre Veiga e Javi F. Lodeiro como cabeza de equipo cun total de 63 especies avistadas e 80 puntos en total.

20160528_191928_1

Primeiro clasificado

Os resultados finais foron moi notables, con 112 especies de aves vistas en total, só dúas menos que o ano anterior pese o mal tempo que reinou na meirande parte da xornada. Os concellos con maior número de especies vistas foron Sobrado e Aranga con un empate a 63 especies. Aranga acadou o segundo posto na clasificación con 74 puntos, seguido de Betanzos con 61 especies e 69 puntos.

DSCN2935_1

Segundo clasificado

20160528_191714_1

Terceiro clasificado

Este é un resumo das cifras por concellos:

Concello Nº Especies Puntuación
Sobrado dos Monxes 63 80
Aranga 63 74
Betanzos 61 69
Miño 57 67
Arteixo 56 62
Bergondo 45 49
Abegondo 44 47
Culleredo 43 47
Oleiros 39 42
Sada 38 42
A Coruña 34 40
Cambre 39 39
Irixoa 38 39
Paderne 35 37
Total especies 112

 

Consulta aquí a lista completa de observacións por especie e concello.