O outono é unha época clave para as aves migratorias, que emprenden longas viaxes cara a zonas máis cálidas onde pasar o inverno. Por iso, o segundo fin de semana de outubro celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias, unha iniciativa internacional que busca concienciar sobre a importancia de conservar as aves e os seus hábitats ao longo das rutas migratorias.
Con motivo desta celebración, desde GN Hábitat organizamos dúas actividades en Sada para coñecer mellor estas viaxeiras e descubrir os segredos das súas migracións:
- Venres 9 de outubro, ás 19:30 h – faladoiro sobre as migracións das aves, na OMIX de Sada.
- Sábado 10 de outubro, ás 10:30 h – xornada de observación de aves na praia de Sada.
A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.
Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPA), e pola Xunta de Galicia.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│981 135 014
Ven celebrar connosco o Día Mundial das Aves Migratorias!


Leave A Comment