Temos unha gran noticia que levabamos tempo desexando compartir: este ano regresa a Escola en Familia, unha iniciativa que chega xa á súa terceira edición tras a boa acollida das anteriores convocatorias.

Ao longo dos próximos meses desenvolveremos unha programación de actividades dirixidas a familias interesadas en descubrir e gozar da natureza de Galicia. A través de diferentes saídas e propostas educativas, achegarémonos á biodiversidade que nos rodea, coñecendo de preto a flora, a fauna e os ecosistemas que fan do noso territorio un lugar tan especial.

Nesta edición contaremos coa colaboración de EMALCSA a través do programa de educación ambiental COAWA, o que nos permitirá visitar diferentes espazos naturais e afondar no coñecemento e na conservación do noso patrimonio natural.

Como novidade, este ano iremos anunciando as actividades de forma progresiva, unha a unha, para que cada familia poida consultar a información específica de cada proposta e inscribirse naquelas que máis lle interesen.

Xornadas:

  • 14 de xuño: Intermareal en Bastiagueiro (Oleiros) de 9:30 a 12:30h. APRAZADA.
  • 28 de xuño: Insectos no Encoro de abegondo-Cecebre, de 10 a 13h. INSCRICIÓNS ABERTAS.
  • 29 de agosto: Macroinvertebrados en Lugo. 
  • 5 de setembro: Anelamento de Aves en Ponteceso co Grupo de Anelamento Hércules.
  • Setembro: Mamíferos no Encoro de Abegondo-Cecebre.
  • Outubro: Anfibios en Carral con Brexa.
  • Finais de outubro: Setas da man da Asociación Micolóxica Coruñesa.

Cota:

Todas as persoas inscritas estarán cubertas cun seguro de responsabilidade civil e de accidendes durante o desenvolvemento das accións previstas e os permisos administrativos necesarios para levar a cabo as actividades no medio natural, así mesmo disporan de todas as ferramentas necesarias para o disfrute das actividades.

O importe de cada actividade é de: 

25 euros para un neno/nena de entre 6 a 12 anos e un adulto responsable (engadir un menor de 6 a 12 anos + 15 €; e un adulto + 8 € (máximo 2), sempre da mesma unidade familiar). 

50% de desconto para os socios familiares con 6 meses de antigüidade.

A cota abonarase antes das actividades para reservar a praza.

Inscrición:

 

Estamos moi ilusionados por volver compartir esta experiencia convosco e por seguir fomentando o coñecemento e o respecto pola natureza entre grandes e pequenos. Moi pronto anunciaremos a primeira actividade.

Agardámosvos na Escola en Familia 2026!