A Liga das Sebes continúa avanzando, e chega o momento de que os participantes planten as especies escollidas para dar forma ás novas sebes en Fisteus (Curtis). Para iso, celebraremos un obradoiro práctico demostrativo de plantación e mantemento de sebes vivas no que as persoas inscritas neste proxecto piloto poderán coñecer técnicas sinxelas e replicables nas súas propias fincas.
Terá lugar o xoves 12 de marzo na parcela nº 47 de Fisteus (Curtis).
Un proxecto que medra coa comunidade
A Liga das Sebes forma parte da acción piloto Green InfrasTREEcture for the Landscape, integrada no proxecto europeo GIFT – Green Infrastructure for Forest and Trees, e conta coa colaboración do Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural, o Concello de Curtis e diversas entidades locais.
Este proxecto piloto ten como obxectivo a recuperación das sebes tradicionais, tan características da nosa paisaxe rural, implicando aos titulares de parcelas agrarias na Zona de Concentración Parcelaria de Fisteus (Curtis).
📌 Máis información:
🌱 A terra medra cando a comunidade participa.
Leave A Comment