Este sábado, 14 de febreiro do 2026, de 10:30 a 13:30h, realizaremos un Hábitat Protexe de observación de aves na ría de Betanzos. Aproveitando que contamos con observatorios que nos resgardan da chuvia prevista para esta fin de semana, poderemos seguir aprendendo sobre as aves durante o inverno.

A actividade terá unha cota de inscrición e o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos. Os nosos socios e socias poderán vir de balde, xa que gracias ao seu apoio podemos seguir facendo que a nosa entidade siga crecendo ano a ano.

  • Socios/as G.N. Hábitat: De balde.
  • Non socios/as G.N. Hábitat:
    • Nenos/as (menores de 14 anos): 5 €
    • Adultos/as (maiores de 14 anos): 8 €

Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!