O Grupo Naturalista Hábitat vén de facer público o seu posicionamento en relación co festival de música electrónica Wake Up and Dream, previsto para a súa celebración no parque de Bens (A Coruña).
A entidade considera necesario trasladar á cidadanía e ás administracións a súa preocupación pola posible afección deste tipo de eventos sobre un espazo de elevado valor ambiental, no que están presentes hábitats de interese comunitario e especies protexidas, ademais das limitacións derivadas da normativa vixente en materia de ruído.
No documento recóllense os antecedentes desta cuestión, así como as consideracións ambientais e normativas que sustentan a postura do G. N. Hábitat.
Pode consultarse o texto completo do posicionamento na seguinte ligazón:

Leave A Comment