Despois dos intensos temporais deste inverno, adoitan acumularse nas praias moreas de restos. O lixo no mar constitúe un grave problema ambiental para os ecosistemas do litoral. Restos de plástico, cordas, envases e outros desperdicios prexudican seriamente a vida mariña e, debido á acción do vento e das correntes, rematan acumulándose maiormente nas praias.
Nesta xornada de voluntariado na praia grande de Sada (Sada) traballaremos na retirada de lixo mariño coa colaboración de calquera persoa que quera contribuir á limpeza da nosa contorna. Tamén teremos ocasión de reflexionar sobre o lixo mariño, e de gozar da biodiversidade que atopemos nese espazo.
Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia.
A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│981 135 014
Entre tod@s, melloraremos o planeta!

Leave A Comment