Achéganse tempos de entroido e festa. Datas nas que moitos de nós, con independencia da idade, lucimos os nosos disfraces coa escusa de pasar un tempo agradable cos nosos seres queridos. Mais a natureza, coa inestimable axuda do proceso evolutivo, leva tempo, moito tempo utilizando o “disfraz” como estratexia de supervivencia. Especies inofensivas que adquiren o deseño doutras perigosas para enganar a eventuais depredadores, camuflaxes traballadas para pasar inadvertido, ou cores rechamantes como sinais de advertencia. Moitas son as tácticas utilizadas polas especies silvestres para asegurar a súa perdurabilidade, e que mellor cunha nova xornada Falando de natureza para coñecer algúns exemplos!

A actividade, de balde e aberto ao público, se levará a cabo o vindeiro mércores, 18 de febreiro do 2026, ás 18h, nun formato exclusivamente presencial no local social do G.N.Hábitat (ver localización no mapa).

Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!