A Liga das Sebes non para! Dentro das actividades previstas en decembro, celebraremos unha segunda sesión informativa en Fisteus (Curtis), dirixida principalmente á veciñanza, pero tamén a todas aquelas persoas interesadas no proxecto e nas sebes vivas autóctonas. Este proxecto piloto ten como obxectivo a recuperación das sebes tradicionais, tan características da nosa paisaxe rural, implicando aos titulares de parcelas agrarias na Zona de Concentración Parcelaria de Fisteus (Curtis).
Terá lugar o mércores 10 de decembro nos tres locais sociais da parroquia:
- O Igrexario (Fisteus) – 11:00 h. Ver localización
- Xabriño (San Roque) – 13:00 h. Ver localización
- A Illana – 17:00 h. Ver localización
Durante esta sesión informativa, ofrecerase información clara e directa sobre a convocatoria A Liga das Sebes -aberta ata o 15 de decembro, resolveranse dúbidas e crearase un espazo de diálogo e participación arredor das sebes tradicionais.
Un proxecto que medra coa comunidade
A Liga das Sebes forma parte da acción piloto Green InfrasTREEcture for the Landscape, integrada no proxecto europeo GIFT – Green Infrastructure for Forest and Trees, e conta coa colaboración do Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural, o Concello de Curtis e diversas entidades locais.
A implicación da comunidade de Fisteus é fundamental para unha restauración efectiva destes valiosos elementos da paisaxe rural. Por iso animamos a todos os veciños e veciñas, especialmente aqueles con fincas agrarias na ZCP de Fisteus, a achegarse, participar e contribuír co seu coñecemento.
A entrada é libre, non fai falta inscripción previa. Agardámoste.
📝 Inscricións:
📌 Máis información:
🌱 A terra medra cando a comunidade participa.

Leave A Comment