Co obxectivo de achegar o proxecto A Liga das Sebes á veciñanza e resolver dúbidas directamente sobre o proceso de participación, nos vindeiros días estaremos presentes nas dúas feiras municipais de Curtis cunha mesa informativa aberta ao público.
Será unha oportunidade para coñecer de primeira man en que consiste esta iniciativa de recuperación das sebes autóctonas na Zona de Concentración Parcelaria de Fisteus, quen pode participar, como facelo e que beneficios achegan estes valos naturais ao territorio.
📍 Datas e lugares
- Venres, 5 de decembro
Mesa informativa na feira de Teixeiro
Praza de España
🕙 De 10:00 a 13:30 h - Martes, 9 de decembro
Mesa informativa na feira de Curtis
Recinto feiral
🕙 De 10:00 a 13:30 h
O equipo técnico de GNHabitat estará dispoñible durante toda a mañá para ofrecer información, explicar o proceso de inscrición na convocatoria —aberta ata o 15 de decembro— e comentar os pasos seguintes da acción piloto Green InfrasTREEcture for the Landscape, integrada no proxecto europeo GIFT – Green Infrastructure for Forest and Trees.
Animamos a toda a veciñanza a achegarse, preguntar, compartir experiencias e coñecer máis sobre este proxecto que busca devolver vida ás marxes das fincas e á paisaxe rural galega.
📝 Inscricións:
📌 Máis información:
🌱 Entre todas e todos faremos da terra un lugar con máis vida.


Leave A Comment