Este mércores,  26 de novembro do 2025, da man do alumnado e docentes do Centro Integrado de Formación Profesional (C.I.F.P.) Ánxel Casal-Monte Alto, levaremos a cabo unha nova actividade no marco da nosa iniciativa “Hábitat sen EEI”, continuando coas tarefas de retirada de especies invasoras da nosa contorna. Nesta ocasión visitaremos de novo o Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, sumando unha xornada máis de avance coa retirada da herba do coitelo (Carpobrotus spp.). 

Grazas de novo pola vosa implicación, rapaces