O vindeiro sábado, 29 de novembro de 2025, terá lugar un novo obradoiro dentro da iniciativa Habitat Protexe. Convidámoste a participar nesta actividade dedicada á elaboración de coroas de Nadal con elementos naturais, promovendo unha decoración sostible aproveitando os restos das podas dos nosos xardíns.

O obradoiro desenvolverase no Local Social de Hábitat, en horario de 16:30 a 19 h. Durante a sesión aprenderemos a empregar materiais naturais, así como diferentes técnicas para crear unha coroza artesanal, única e personalizada.

A actividade está pensada para todos os públicos, sen necesidade de experiencia previa.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa

    • Socios/as G.N. Hábitat: 1 coroa: 10€
    • Non Socios/as G.N. Hábitat: 1 coroa: 15 €

As prazas son limitadas. Para poder participar, é obrigatorio realizar unha inscrición previa a través do formulario habilitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o número máximo de participantes permitido. Importante: cubrir o formulario non garante a praza ata recibir confirmación expresa por parte do Grupo Naturalista Hábitat.

 

 

Tes ata o venres, 28 de novembro ás 14 h, para inscribirte!!!

No correo de reserva recibirás as indicacións para o pagamento, que xunto coa inscrición previa son imprescindibles para participar. As persoas inscritas estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidade civil e recibirán as recomendacións necesarias. Pídese compromiso coa asistencia e avisar se non é posible acudir para ceder a praza a outra persoa.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven a prepararnos para o Nadal!!