Neste días, do 15 ao 23 de novembro do 2025, estase a celebrar a 42ª Semana Micolóxica Galega, un ambicioso evento ao redor do reino fungi organizado nesta ocasión polos compañeir@s da Asociación Micolóxica Coruñesa e a Federación Galega de Micoloxía, e que conta con diversas e variadas actividades: charlas, obradoiros, showcooking, entre moitas outras. 

E convidados por eles, dende o G.N.Hábitat sumarémonos este sábado, 22 de novembro, ocupando un stand no Mercado de San Agustin (A Coruña. Ver localización no mapa). Recinto que acubillará durantes a fin de semana multitude de entidades e eventos . O noso será un espazo aberto a todas as persoas interesadas en achegarse, falar connosoco, e aproveitar para coñecer que facemos e como traballamos polo estudo e a conservación da biodiversidade.

Non deixes de aproveitar estas xornadas!

Máis información no Facebook a Asociación Micolóxica Coruñesa ➡ acceso ao perfil