A paisaxe rural galega sempre estivo chea de sebes vivas: liñas de árbores e arbustos que delimitaban as fincas, protexían os cultivos e ofrecían refuxio á fauna. Eran o corazón do bocage ou mosaico agrícola galego, unha forma de organizar o territorio que combinaba produción, beleza e equilibrio coa natureza.
Co paso dos anos, moitas desas sebes desapareceron. Por iso, no outono 2025 estase a desenvolver a iniciativa A Liga das Sebes como parte da acción piloto Green InfrasTREEcture for the Landscape, promovida polo Instituto de Estudos do Territorio dentro do proxecto GIFT – Green Infrastructure for Forest and Trees, dirixido a mellorar a infraestrutura verde en Europa.
A Liga das Sebes pretende volver poñer en valor e recuperar as sebes autóctonas -esa rede natural que tanto lle deu á nosa terra-, coa participación dos titulares de parcelas agrícolas na Zona de Concentración Parcelaria (ZCP) de Fisteus, en Curtis.
Neste proxecto, financiado con fondos europeos Interreg, colaboran tamén o Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería de Medio Rural, o Concello de Curtis e unha chea de entidades de ámbito local como os centros escolares ou as asociacións de veciños de Curtis.
Nos vindeiros meses levaranse a cabo distintas actividades (faladoiros, encontros veciñais, obradoiros de plantación…) das que iremos informando na nosa páxina web e redes sociais.
📚 Convocatoria
O Diario Oficial de Galicia publicou o 26-11-2025 a Resolución do 19 de novembro de 2025, que establece as bases da convocatoria pública para participar na iniciativa A Liga das Sebes na zona de concentración/reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis). AnuncioG0192-201125-0001
Quen pode inscribirse?
- Persoas titulares de predios de substitución con superficie agraria útil na ZCP de Fisteus.
- As fincas deben limitar cun camiño.
- A participación é voluntaria e sen custo para as persoas propietarias.
Como facelo?
A inscrición hai que realizala a través do formulario oficial dispoñible na plataforma da Xunta de Galicia Apunta
O prazo rematou o 15 de decembro de 2025.
Desde G.N. Hábitat animamos a toda a veciñanza de Fisteus a informarse, participar e formar parte deste proxecto colectivo que busca devolverlle vida ás marxes das fincas e á paisaxe agraria galega.
Para máis información sobre o proxecto, contacta connosco.
📚 Proximas actividades
Proximamente organizaremos máis actividades informativas e divulgativas sobre A Liga das Sebes, que iremos anunciando a medida que se confirmen. Velaquí o calendario provisional:
| Data | Actividade | Lugar | Info |
|---|---|---|---|
|
5 dec 2025 venres 10 a 13:30h |
Mesa informativa en feira de Teixeiro | Praza de España | Ligazón |
|
9 dec 2025 Martes 10 a 13:30h |
Mesa informativa en feira de Curtis | Recinto ferial | Ligazón |
|
10 dec 2025 Mércores |
Xornadas informativas en Fisteus, nos 3 locais veciñais. | O Igrexario - 11:00 h Xabriño – 13:00 h A Illana - 17:00 h |
Ligazón |
|
13 dec 2025 10:30 a 11:30h |
Faladoiro "Sebes vivas: que son e que está a pasar en Fisteus?" | Centro Etnográfico de Teixeiro | Ligazón |
|
13 dec 2025 12 a 14h |
Ruta a pé polas sebes das Merelas | Fisteus | Ligazón |

Leave A Comment