O domingo, 26 de outubro de 2025, gozaremos dunha nova actividade divulgativa en campo para descubrir a riqueza ecolóxica do intermareal de Bastiagueiro (Oleiros).

Durante esta xornada exploraremos o ecosistema intermareal (esa franxa máxica entre as mareas) para coñecer as súas condicións ecolóxicas, adaptacións das especies e a gran diversidade de vida mariña que acolle. Observaremos alí organismos típicos deste hábitat, como anémonas, mexillóns, ourizos, algas ou caranguexos, e falaremos sobre a súa importancia para o equilibrio dos ecosistemas costeiros.

Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia. 

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org981 135 014