O Grupo Naturalista Hábitat, co apoio de Augas de Galicia, pon en marcha nestes meses o proxecto “Vixías dos nosos ríos” na comarca da Mariña, no que se desenvolverán actividades en seis ríos da zona. O propósito principal é avaliar o seu estado de saúde, dar a coñecer os seus valores ambientais e as problemáticas que os ameazan, e promover accións de mellora a través do voluntariado ambiental.

As xornadas serán gratuítas e estarán abertas tanto ao público xeral como a centros educativos, coa intención de implicar á sociedade no coidado do noso Patrimonio Natural. Pretendemos formar novos Vixías dos nosos ríos, persoas que coñezan de primeira man os bosques de ribeira, a fauna que os habita e as especies que supoñen unha ameaza para eles, de maneira que poidan defender activamente a súa conservación.

Iremos informando de todas as actividades que se vaian lanzando (podes filtrar a táboa):

Data Actividade Lugar Estado
04 nov 2025
mar. · 20:30
Relatorio resultados Mariña Online Aberta
25 oct 2025
sab. · 10:30–13:30
Taller Macroinvertebrados (Foz) Río Masma Finalizada
21 oct 2025
martes. · 10:30–13:30
Voluntariado Especies exóticas (Viveiro) Río Landro Finalizada
19 oct 2025
dom. · 12:00–14:30
Voluntariado EEI (Ortigueira) Río Baleo Finalizada
19 oct 2025
dom. · 09:30–12:00
Macroinvertebrados (Ortigueira) Río Baleo Finalizada
18 oct 2025
sab. · 10:30–13:30
Ruta divulgativa (Viveiro) Río Landro Finalizada
13 sept 2025
sab. · 10:30–13:30
Obradoiro Macroinvertebrados (Cervo) Río Xunco Finalizada
07 sept 2025
dom. · 10:30–13:30
Ruta divulgativa (Foz) Río Centinó Finalizada
06 sept 2025
sab. · 10:30–13:30
Retirada de EEI (Lourenzá) Río Masma Finalizada
30 ago 2025
sab. · 10:30–13:30
Limpeza de residuos Río Landro Finalizada
23 ago 2025
sab. · 10:30–13:30
Limpeza de residuos Río Covo (Cervo) Finalizada

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de solicitude; o feito de enviar o formulario non garante a praza ata recibir confirmación por correo electrónico. Todas as persoas confirmadas contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil, e recibirán por email a información e recomendacións necesarias para aproveitar ao máximo a actividade.

Este voluntariado ambiental forma parte do programa “Vixías dos nosos ríos”, impulsado polo Grupo Naturalista Hábitat e financiado por Augas de Galicia. 

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org639 13 16 88

      inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e forma parte dos Vixías dos nosos ríos!