Continuamos a loita no marco do programa Hábitat sen E.E.I. cunha nova visita ao Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, na que aproveitaremos para avanzar na retirada da especie invasora coñecida como uña de gato (Carpobrotus spp.), que se espalla comprometendo e restrinxindo a comunidade vexetal nativa deste espazo protexido.
*Sabías que o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, creado ao abeiro da Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, establece unha listaxe de máis de 200 especies invasoras, entre as que se atopan integrantes de diversos grupos taxonómicos. Dende fungos e pequenos invertebrados, ata plantas, anfibios, réptiles, aves, e mesmo mamíferos, atópanse incluidas neste catálogo, susceptible de modificación permanente.
A vindeira actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado 26 de xullo do 2025, ás 10:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste para continuar recuperando o noso patrimonio natural!

Leave A Comment