O vindeiro luns, 14 de xullo de 2025, convidámoste a participar nunha xornada moi especial na Praia de Bastiagueiro Pequeno, en Oleiros, dedicada a descubrir e ilustrar a vida do intermareal. Pola mañá, de 12:00 a 14:00 h, realizaremos unha saída interpretativa para explorar a zona intermareal e coñecer de preto os diferentes invertebrados mariños que habitan entre as mareas. Durante a visita aprenderemos a identificar as distintas especies, as súas adaptacións e curiosidades, e a importancia que teñen para o equilibrio ecolóxico do noso litoral.
Pola tarde, de 16:30 a 19:30 h, celebraremos un obradoiro práctico de ilustración no que traballaremos a partir das observacións realizadas pola mañá da man da Ilustradora ALO. As persoas participantes aprenderán técnicas básicas para representar estes organismos con precisión e sensibilidade, e crearán as súas propias ilustracións, combinando ciencia e arte. Non é necesario ter experiencia previa en debuxo.
As actividades están abertas a todas as persoas interesadas, podendo inscribirse por separado ou asistir á xornada completa.
O prezo da visita ao intermareal é de:
- Socios/as: Menores de 14 anos: 8 €; Maiores de 14 anos: 10 €
- Non socios/as: Menores de 14 anos: 10 €; Maiores de 14 anos: 15 €
Mentres que o obradoiro de ilustración ten un custo de:
- Socios/as: Menores de 14 anos: 15 €; Maiores de 14 anos: 20 €
- Non socios/as: Menores de 14 anos: 18 €; Maiores de 14 anos: 25 €
Se te inscribes ás dúas actividades o prezo é de:
- Socios/as: Menores de 14 anos: 18 €; Maiores de 14 anos: 25 €
- Non socios/as: Menores de 14 anos: 25 €; Maiores de 14 anos: 35 €
As prazas son limitadas e xa está aberto o prazo de inscrición.
Animámoste a gozar desta experiencia única para descubrir a riqueza do noso litoral e plasmar toda a súa diversidade no papel. Non o perdas!

Leave A Comment