Por sétimo ano consecutivo o Concello de Carballo lanza o programa Eu ❤️ Razo Baldaio, para continuar co obxectivo de crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido, continuando co espírito de que canto máis se coñeza máis se respecte. Neste sentido o Concello, da man das organizacións implicadas, levaremos a cabo diversas xornadas divulgativas e de voluntariado ambiental, ao longo dos meses de xullo e agosto. Un novo bimestre cheo de actividades nun fermoso marco natural, mais con grupos restrinxidos para achegarse á contorna con sentidiño.
Todas as accións serán abertas ao público e de balde e terán prazas limitadas, sendo imprescindible para a participación facer a inscrición previa a través dos medios habilitados para cada unha delas. Toda a información detallada do programa, así como as vías de inscrición nas actividades, estarán dispoñibles na web oficial habilitada polo Concello de Carballo…Non deixes de visitala!
O G.N.Hábitat será o encargado de levar a cabo 4 actividades, coas que forneceremos novamente o coñecemento sobre a biodiversidade vencellada a este espazo:
Xullo
- Mércores día 2, de 10:30 a 13:30h ➡️ Iniciación á ornitoloxía.
- Mércores día 23, de 18:30 a 21:30h ➡️ Fauna e flora das contornas dunares.
- Mércores día 30, de 22:00 a 01:00h ➡️ A noite das avelaiñas.
Agosto
- Sábado día 30, de 10:30 a 13:30h ➡️ Iniciación á fotografía de natureza.

Leave A Comment