Con moita ilusión anunciamos o lanzamento dunha nova edición da Escola de Naturalistas, o noso programa formativo de referencia para achegarse á biodiversidade galega de xeito vivencial e participativo.
Dende o Grupo Naturalista Hábitat convidámoste a formar parte desta aventura que, edición tras edición, transforma a curiosidade en coñecemento e o interese en compromiso. A través de 9 bloques temáticos ―con sesións teóricas e saídas ao campo― afondarás no mundo da botánica, ornitoloxía, entomoloxía, mastozooloxía, herpetoloxía e moito máis.
Un programa único, feito con paixón e experiencia, onde aprenderás técnicas de identificación, seguimento e conservación da nosa fauna e flora, acompañado por naturalistas con anos de traxectoria.
📅 De maio a novembro de 2025, cada mes un novo tema, unha nova saída e unha nova ollada sobre a natureza que nos rodea.
👉 Consulta as bases completas da XIII promoción da Escola de Naturalistas
📝 E inscríbete antes das 14:00 h do mércores 7 de maio de 2025 no seguinte formulario
O prezo da matrícula é de 65 € para socios/as de Hábitat (con máis de 6 meses de antigüidade) e 120 € para novas incorporacións, que pasarán a ser socios/as durante todo o curso.
🌿 Se queres coñecer máis a fondo a natureza galega e formar parte dunha comunidade apaixonada polo naturalismo… esta é a túa oportunidade!
Actividade encadrada dentro do programa: Promove:



Leave A Comment