O vindeiro venres, 21 de marzo, da man do alumnado do CEIP Sal Lence, realizaremos un obradoiro ambiental sobre aves e caixas niño. Unha xornada dirixida a que os máis pequenos coñezan a utilidade das caixas niño como estruturas a prol da biodiversidade.
Ao longo da mañá explicaremos como estes elementos, correctamente elaborados, instalados e mantidos, poden axudar a suplir a escaseza de refuxios naturais, facilitar a posta en marcha de estudos científicos, ao tempo que permitir o establecemento de certas especies beneficiosas (fauna útil) nun espazo determinado, optimizando a diversidade biolóxica. Todo acompañado da colocación de varias destas caixas niño que o colexio instalará na contorna do parque de San Diego (A Coruña).
Seguro que será unha fermosa xornada!

Leave A Comment